lunes, 11 de septiembre de 2017

BENVIDOS!!! WELCOME!!NOVIDADES PARA O CURSO 2017-18

A volta ao cole ven con novas!!!


Desde o curso 2010/2011 o noso centro forma parte da rede de centros Plurilingües de Galicia. A resposta altamente positiva tanto por parte dos alumnos como das familias foi o que nos animou a presentar o noso proxecto para o novo Programa Plurilingüe  da Consellería de Educación adicado á Educación Infantil.

Temos o pracer de comunicarlles que o noso centro será un dos 26 centros da provincia de A Coruña e un dos 81 da Comunidade Autónoma que impartirá o PLURINFANTIL.





Somos da opinión de que a idade máis axeitada para comezar a aprendizaxe dunha terceira lingua é a de "canto antes mellor", xa que, en idades temeperás, o cerebro conta cunha gran plasticidade, o que permite asimilar coñecementos de forma inconsciente máis rápida e eficazmente e sen ningún tipo de presión social ou medo a cometer erros.


Os nenos/as aprenden a súa lingua materna, mediante procesos de recoñecemento e imitación da linguaxe da súa contorna; primeiro escoitando e comprendendo e máis tarde producíndoo. Este proceso é inconsciente, de modo que o neno/a non repara na estrutura gramatical, nin nos morfemas verbais (persoa, número, tempo e modo) ou nominais ( xénero e número de adxectivos e substantivos) presentes no idioma. Simplemente están aprendendo de forma natural e intuitiva.

1 comentario: