martes, 12 de septiembre de 2017

ENGLISH HERE AND THERE AND EVERYWHERE

ENGLISH EXTRAESCOLARES


A partir do 13 de setembro comezarán as clases extraescolares de inglés, neste curso contaremos de novo con Natalia, (profesora nativa que posúe unha Licenciatura e master en Filoloxía Inglesa). A través de actividades dinámicas e interactivas en inglés mellorará e desenvolverá as competencias comunicativas dos estudantes. Poderán tamén preparar os exámenes de Cambridge: KET, PET, FCE, ADVANCE....





Traballaremos en grupos reducidos, adaptados ao nivel de cada alumno para que o seu progreso sexa axeitado.

Estas clases terán lugar fóra do horario escolar, irán destinadas a nenos/as a partir dos 3 anos o horario será de dúas horas semanais, os grupos serán reducidos e o prezo o mesmo do curso pasado.


lunes, 11 de septiembre de 2017

BENVIDOS!!! WELCOME!!NOVIDADES PARA O CURSO 2017-18

A volta ao cole ven con novas!!!


Desde o curso 2010/2011 o noso centro forma parte da rede de centros Plurilingües de Galicia. A resposta altamente positiva tanto por parte dos alumnos como das familias foi o que nos animou a presentar o noso proxecto para o novo Programa Plurilingüe  da Consellería de Educación adicado á Educación Infantil.

Temos o pracer de comunicarlles que o noso centro será un dos 26 centros da provincia de A Coruña e un dos 81 da Comunidade Autónoma que impartirá o PLURINFANTIL.





Somos da opinión de que a idade máis axeitada para comezar a aprendizaxe dunha terceira lingua é a de "canto antes mellor", xa que, en idades temeperás, o cerebro conta cunha gran plasticidade, o que permite asimilar coñecementos de forma inconsciente máis rápida e eficazmente e sen ningún tipo de presión social ou medo a cometer erros.


Os nenos/as aprenden a súa lingua materna, mediante procesos de recoñecemento e imitación da linguaxe da súa contorna; primeiro escoitando e comprendendo e máis tarde producíndoo. Este proceso é inconsciente, de modo que o neno/a non repara na estrutura gramatical, nin nos morfemas verbais (persoa, número, tempo e modo) ou nominais ( xénero e número de adxectivos e substantivos) presentes no idioma. Simplemente están aprendendo de forma natural e intuitiva.

A fresh new start: Next & Kubo

Welcome everyone to a new achademic course! We are happy to inaugurate this school year 2022/2023 on the blog by showing you our new digital...